Nokia E72 - Chamadas de emerxencia

background image

Chamadas de emerxencia

Importante: Este dispositivo funciona con sinais de

radio, redes sen fíos, redes terrestres e funcións

programadas polo usuario. Se o dispositivo admite

chamadas de voz a través da Internet (chamadas da

Internet), active as chamadas da Internet e o teléfono

móbil. O dispositivo pode intentar efectuar as chamadas

de emerxencia a través das redes móbiles e do fornecedor

de chamadas da Internet se se atopan activados ámbolos

dous. Non se pode garantir que as conexións funcionen en

todas as condicións. Nunca dependa unicamente dun

dispositivo móbil para efectuar comunicacións

importantes, coma urxencias médicas.
Para efectuar chamadas de emerxencia, faga o seguinte:
1. Se o dispositivo está apagado, acéndao. Comprobe que

a intensidade do sinal é a axeitada. En función do

148

Información do produto e de seguridade

background image

dispositivo, é posible que tamén necesite realizar o

seguinte:
• Insira unha tarxeta SIM se o dispositivo utiliza unha.
• Elimine as restricións das chamadas que estean

activadas no dispositivo.

• Cambie o perfil Desconectado ou Voo a un perfil

activo.

2. Prema a tecla Finalizar as veces necesarias para borrar

a pantalla e preparar o dispositivo para chamadas.

3. Insira o número de emerxencia da localidade na que

se atope. Os números de emerxencia poden variar en

cada localidade.

4. Prema a tecla Chamar.
Cando realice unha chamada de emerxencia, facilite toda

a información necesaria do xeito máis preciso posible. É

posible que o seu dispositivo sen fíos sexa o único medio

de comunicación na escena dun accidente. Non finalice a

chamada ata que reciba permiso para facelo.