Nokia E72 - Información sobre a batería e o cargador

background image

Información sobre a batería e

o cargador

O dispositivo funciona cunha batería recargable. A batería

deseñada para utilizarse co dispositivo é a BP-4L. Nokia

pode fabricar modelos de batería adicionais para este

dispositivo. O dispositivo está deseñado para utilizarse cos

seguintes cargadores: AC-8, AC-10. O número exacto do

modelo do cargador pode variar dependendo do tipo de

enchufe. O tipo de enchufe pode ser un dos seguintes: E,

EB, X, AR, U, A, C, K, ou UB.
A batería pode cargarse e descargarse centos de veces,

pero finalmente, desgástase. Cando a duración da batería

no modo de espera e durante as conversas telefónicas se

reduza considerablemente, substitúaa. Utilice

unicamente baterías autorizadas por Nokia e recárgueas

unicamente con cargadores autorizados por Nokia

deseñados para utilizarse con este dispositivo.

144

Información do produto e de seguridade

background image

Se utiliza unha batería por primeira vez ou se esta non se

utiliza dende hai moito tempo, é posible que sexa

necesario conectar o cargador, desconectalo e volvelo

conectar para comezar a cargar a batería. Se a batería está

completamente descargada, é posible que teña que

esperar varios minutos para poder efectuar chamadas e

para poder visualizar o indicador de carga na pantalla.
Extracción segura. Apague sempre o dispositivo e

desconecte o cargador antes de extraer a batería.
Carga axeitada. Desconecte o cargador da toma de

corrente e do dispositivo cando non o utilice. Non deixe

unha batería completamente cargada conectada a un

cargador, xa que o exceso de carga pode reducir a súa vida

útil. Se non se utilizan, as baterías cargadas perden a súa

carga co paso do tempo.
Evite someter o dispositivo a temperaturas extremas.

Intente manter sempre a batería a unha temperatura

comprendida entre os 15ºC e os 25ºC. A exposición da

batería a temperaturas extremas reduce a capacidade e a

vida útil da mesma. É posible que o dispositivo non

funcione temporalmente se a batería está fría ou quente.

O rendemento da batería é especialmente limitado a

temperaturas situadas por debaixo de 0ºC.
Non provoque curtocircuítos. É posible que se produzan

curtocircuítos accidentais se un obxecto metálico, coma

unha moeda, un clip ou un bolígrafo provoca un contacto

directo dos terminais positivo (+) e negativo (-) da batería.

(Os terminais teñen o aspecto de tiras metálicas na

batería). Isto pode ocorrer, por exemplo, cando transporta

unha batería de reposto no peto ou no bolso. Os

curtocircuítos nos terminais poden danar a batería ou o

obxecto que realiza o contacto.

Como desfacerse da unidade. Non bote as baterías ao

lume, xa que poderían explotar. Respecte as normativas

locais no momento de desfacerse das baterías. Recicle as

baterías cando sexa posible. Non as deposite en lugares

destinados aos residuos domésticos.
Fugas. Non desmonte, corte, abra, esmague, dobre,

perfore nin triture as pilas nin as baterías. No caso de que

se produza unha fuga na batería, evite que o líquido da

batería entre en contacto coa pel ou os ollos. Se isto

sucede, lave as zonas afectadas inmediatamente con auga

ou acuda a un médico.
Danos. Non modifique, reconstrúa nin intente inserir

obxectos estraños na batería, nin a expoña ou somerxa en

auga ou outros líquidos. As baterías poden explotar se

están danadas.
Uso correcto. Utilice a batería unicamente para o uso para

o que foi deseñada. O uso non axeitado da batería pode

provocar un incendio, unha explosión e outros perigos. Se

deixa caer o dispositivo ou a batería, especialmente sobre

unha superficie dura, e cree que a batería puido quedar

danada, envíea a un centro de servizo técnico para revisala

antes de continuar utilizándoa. Nunca utilice cargadores

nin baterías danadas. Manteña a batería fóra do alcance

dos nenos.