Calculadora
Seleccione
Menú
>
Oficina
>
Calculadora
.
A calculadora dispón de precisión limitada e está deseñada
para efectuar cálculos simples.
Para realizar un cálculo, insira o primeiro número deste.
Seleccione unha función como sumar ou restar do mapa
de funcións. Insira o segundo número do cálculo e
seleccione =. A calculadora realiza as operacións na orde
na que se insiren. O resultado do cálculo permanece no
cadro do editor e pódese utilizar como o primeiro número
dun novo cálculo.
O dispositivo garda na memoria o resultado do último
cálculo. Se sae da Calculadora ou apaga o dispositivo non
borrará a memoria. Para recuperar o último resultado
gardado a próxima vez que abra a Calculadora, seleccione
Opcións
>
Último resultado
.
Para gardar os números ou resultados dun cálculo,
seleccione
Opcións
>
Memoria
>
Gardar
.
Para recuperar da memoria os resultados dun cálculo e
utilizalos noutro cálculo, seleccione
Opcións
>
Memoria
>
Recuperar
.