Verbo da rede
doméstica
O seu dispositivo é compatible con Universal Plug and Play
(UPnP) e certificado pola Digital Living Network Alliance
(DLNA). Pode usar un dispositivo de punto de acceso LAN
(WLAN) sen fíos ou un router para crear unha rede
doméstica. A continuación pode conectar dispositivos
UPnP compatibles con WLAN á rede. Os dispositivos
compatibles poden ser o seu dispositivo móbil, un
ordenador compatible, un sistema de son, un televisor ou
un receptor multimedia sen fíos compatible conectado a
un sistema de son ou a un televisor.
É posible compartir e sincronizar ficheiros multimedia no
dispositivo móbil con outros dispositivos certificados
UPnP e DLNA compatibles por medio da rede doméstica.
Para activar a funcionalidade de rede doméstica e
63
Con
ectividade
xestionar os axustes, seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Medios dom.
. Tamén pode utilizar a aplicación de medios
domésticos para ver e reproducir ficheiros multimedia
dende dispositivos de rede doméstica no seu dispositivo
ou noutros dispositivos compatibles como un ordenador,
un sistema de son ou un televisor.
Para ver os ficheiros multimedia noutro dispositivo de
rede doméstica, en Fotos, por exemplo, seleccione un
ficheiro,
Opcións
>
Mostrar vía rede propia
e o
dispositivo.
Para utilizar a función WLAN do dispositivo nunha rede
doméstica, cómpre ter unha configuración de conexión
doméstica WLAN en funcionamento e outros dispositivos
domésticos compatibles con UPnP conectados coa mesma
rede doméstica.
Despois de configurar a súa rede doméstica, pode
compartir fotos e videoclips cos seus amigos e familiares
en casa. Tamén pode almacenar os seus ficheiros
multimedia nun servidor multimedia ou recuperar
ficheiros multimedia dun servidor doméstico compatible.
Pode reproducir música almacenada no seu dispositivo
mediante un sistema estéreo doméstico certificado DLNA,
controlando as listas de reprodución e os niveis de volume
directamente dende o seu dispositivo. Tamén pode ver
imaxes capturadas coa cámara do seu dispositivo nunha
pantalla de televisión compatible, todo controlado co
dispositivo a través dunha rede WLAN.
A rede doméstica utiliza os axustes de seguridade da
conexión WLAN. Utilice a función de rede doméstica nunha
rede de infraestrutura WLAN cun dispositivo de punto de
acceso WLAN e compatible co cifrado.
O dispositivo conéctase coa rede doméstica só se vostede
acepta unha solicitude de conexión doutro dispositivo
compatible ou selecciona a opción para ver, reproducir ou
copiar ficheiros multimedia no dispositivo ou buscar
outros dispositivos.