Conexións WLAN
Para utilizar unha conexión LAN sen fíos (WLAN), cómpre
crear un punto de acceso á Internet (IAP) para a WLAN.
Utilice o punto de acceso para as aplicacións que necesitan
conectarse á Internet.
As conexións WLAN establécense cando crea unha
conexión de datos mediante un punto de acceso á Internet
WLAN. A conexión WLAN activa finaliza cando finaliza a
conexión de datos.
É posible utilizar a WLAN durante as chamadas de voz ou
cando o paquete de datos está activo. Só pode estar
conectado a un dispositivo de punto de acceso WLAN ao
mesmo tempo, pero varias aplicacións poden utilizar o
mesmo punto de acceso á Internet.
Se o dispositivo está no perfil Desconectado, aínda pode
utilizar a WLAN (se está dispoñible). Recorde cumprir con
todos os requisitos de seguridade aplicables cando
estableza e utilice unha conexión WLAN.
Consello: Para consultar o enderezo MAC único que
identifica o seu dispositivo, insira *#62209526# na
pantalla de inicio.