Asistente de configuración da
WLAN
Seleccione
Menú
>
Pan. control
>
Conectivid.
>
Asist.
WLAN
.
O asistente de WLAN axúdalle a conectarse a unha LAN sen
fíos (WLAN) e a xestionar as súas conexións WLAN.
Se a busca atopa redes WLAN, para crear un punto de
acceso á Internet (IAP) para unha conexión e iniciar o
navegador web mediante o devandito IAP, seleccione a
conexión e
Iniciar navegación web
.
Se selecciona unha WLAN segura, solicitaráselle que insira
o contrasinal correspondente. Para conectarse a unha rede
oculta, cómpre inserir o nome da rede correcto (SSID).
Se xa se está a executar o navegador web coa conexión
WLAN activa actual, para volver ao navegador web,
seleccione
Continuar navegac. web
. Para rematar a
conexión activa, seleccione a conexión e
Desconectar
WLAN
.