
Acerca da WLAN
O dispositivo pode detectar redes de área local sen fíos
(WLAN) e conectarse a elas. Mediante unha WLAN, é
posible conectar o dispositivo á Internet e a dispositivos
compatibles que admitan as redes WLAN.
Para empregar unha conexión WLAN, precisa o seguinte:
• Cómpre que exista unha WLAN dispoñible na súa
localización.
• O dispositivo debe estar conectado á WLAN. Algunhas
WLAN están protexidas, e precisa dunha clave de acceso
do seu fornecedor de servizos para conectarse a elas.
• Un punto de acceso á Internet creado para a WLAN.
Utilice o punto de acceso para as aplicacións que
necesitan conectarse á Internet.
As conexións WLAN establécense cando crea unha
conexión de datos mediante un punto de acceso Internet
WLAN. A conexión WLAN activa finaliza cando finaliza a
conexión de datos.
É posible utilizar a WLAN durante as chamadas de voz ou
cando o paquete de datos está activo. Só pode estar
conectado a un dispositivo de punto de acceso WLAN á vez,
pero varias aplicacións poden utilizar o mesmo punto de
acceso.
As funcións que utilizan a WLAN, ou as que teñen
autorización para executarse en segundo plano mentres
se utilizan outras funcións, aumentan a demanda de
enerxía da batería e reducen a vida útil da mesma.
O dispositivo admite as seguintes funcións WLAN:
• IEEE 802.11b/g estándar
• Funcionamento a 2,4 GHz
• Métodos de autenticación WEP, WPA/WPA2 e 802.1x.
Estas funcións pódense utilizar só se a rede as admite.
Importante: Active sempre un dos métodos de
cifrado dispoñibles para aumentar a seguridade da
conexión LAN sen fíos. A utilización do cifrado reduce o
risco de que accedan de xeito non autorizado aos seus
datos.
Se o dispositivo está no perfil Desconectado, aínda pode
utilizar a WLAN (se está dispoñible). Recorde cumprir con
tódolos requisitos de seguridade aplicables cando
estableza e utilice unha conexión WLAN.
Consello: Para consultar o enderezo MAC único que
identifica o seu dispositivo, insira *#62209526# na
pantalla de inicio.
Nota: É posible que a utilización de redes WLAN estea
restrinxida nalgúns países. Por exemplo, en Francia só está
56
Con
ectividade

permitido utilizar redes WLAN en lugares interiores. Para
obter máis información, contacte coas súas autoridades
locais.