Nokia E72 - Vinculación de dispositivos

background image

Vinculación de dispositivos

Para vincular dispositivos compatibles e ver os

dispositivos vinculados, desprácese á dereita na vista

principal da conectividade Bluetooth.
Antes da vinculación, cree o seu propio código (de 1 a 16

díxitos) e acorde co propietario do outro dispositivo

utilizar o mesmo código. Os dispositivos que non

presentan unha interface de usuario posúen un código

axustado de fábrica. O código utilízase só unha vez.
1. Para vincular un dispositivo, seleccione

Opcións

>

Novo disposit. vinculado

. Amosaranse os

dispositivos que se atopan dentro do seu alcance.

2. Seleccione o dispositivo e insira o código. Cómpre

inserir o mesmo código tamén no outro dispositivo.

3. Algúns accesorios de audio conectan

automaticamente co seu dispositivo despois da

vinculación. De non ser así, desprácese ata o accesorio

e seleccione

Opcións

>

Conec. con dispos. audio

Os dispositivos vinculados indícanse mediante o símbolo

na busca de dispositivos.

Para axustar un dispositivo como autorizado ou non

autorizado, desprácese ata o dispositivo e seleccione unha

das seguintes opcións:

Fixar como autorizado

— As conexións entre o seu

dispositivo e o dispositivo autorizado pódense realizar

sen o seu coñecemento. Non se precisa ningún tipo de

consentimento ou autorización individual. Utilice este

estado para os seus propios dispositivos, como os

auriculares compatibles, ordenadores ou dispositivos

que pertenzan a unha persoa de confianza. indica os

dispositivos que se atopan autorizados na vista de

dispositivos vinculados.

Fixar non autorizado

— Con esta opción, cómpre que

as solicitudes de conexión deste dispositivo se acepten

por separado de cada vez.

Para cancelar unha vinculación, desprácese ata o

dispositivo e seleccione

Opcións

>

Borrar

.

Se desexa cancelar tódalas vinculacións, seleccione

Opcións

>

Borrar todos

.