Modo de SIM remota
Para poder activar o modo de SIM remota, cómpre que os
dous dispositivos estean vinculados e que a vinculación se
inicie dende o outro dispositivo. Na vinculación, utilice un
código de 16 díxitos e axuste o outro dispositivo como
autorizado.
Para utilizar o modo de SIM remota cun kit de automóbil
compatible, active a conectividade Bluetooth e permita a
utilización do modo de SIM remota co seu dispositivo.
Active o modo de SIM remota dende o outro dispositivo.
Cando o modo de SIM remota está activado no seu
dispositivo, amósase
Modo SIM remota
no modo en
espera. A conexión coa rede sen fíos desactívase, tal e
como se amosa mediante na zona do indicador de
potencia do sinal, e non se poden utilizar os servizos da
tarxeta SIM nin as funcións que requiren cobertura de rede
móbil.
Se o dispositivo sen fíos está en modo de SIM remota, só
poderá utilizar un accesorio conectado compatible, como
un kit de automóbil, para efectuar ou recibir chamadas. O
dispositivo sen fíos non efectuará ningunha chamada,
excepto ós números de emerxencia programados no
dispositivo, cando se atope en modo de SIM remota. Para
efectuar chamadas dende o dispositivo, primeiro cómpre
abandonar o modo de SIM remota. Se o dispositivo está
bloqueado, insira o código de bloqueo para desbloquealo.
Para abandonar o modo de SIM remota, prema a tecla de
acendido e seleccione
Saír modo SIM remoto
.