Axustes
Seleccione
Menú
>
Pan. control
>
Conectivid.
>
Bluetooth
.
Cando abre a aplicación por primeira vez, solicítaselle que
defina un nome para o dispositivo. Pode cambiar o nome
máis tarde.
Seleccione entre as seguintes opcións:
•
Bluetooth
— Permite activar e desactivar a
conectividade Bluetooth.
•
Visibilid. do meu teléfono
— Para permitir que
outros dispositivos poidan atopar o seu dispositivo coa
tecnoloxía sen fíos Bluetooth, seleccione
Amosado a
todos
. Para determinar un período de tempo tralo cal
a visibilidade cambia de visible a oculto, seleccione
Definir período
. Para impedir que outros dispositivos
localicen o seu dispositivo, seleccione
Oculto
.
•
Nome do meu teléfono
— Permite editar o nome que
desexa que se amose a outros dispositivos con
tecnoloxía sen fíos Bluetooth.
•
Modo SIM remota
— Activa ou desactiva outro
dispositivo, como un accesorio de kit de automóbil
compatible, para utilizar a tarxeta SIM no dispositivo e
conectarse á rede.