Nokia E72 - conectividade Bluetooth

background image

Grazas á conectividade Bluetooth pode establecer unha

conexión sen fíos a outros dispositivos compatibles, como

dispositivos móbiles, ordenadores, auriculares ou kits de

vehículos.
Pode utilizar a conexión para enviar imaxes, videoclips,

clips de son e notas, transferir ficheiros desde o seu

ordenador compatible e imprimir imaxes cunha impresora

compatible.
Debido a que os dispositivos con tecnoloxía sen fíos

Bluetooth se comunican mediante ondas de radio, non se

teñen que atopar nunha liña visual directa. Non obstante,

cómpre que se atopen como máximo a 10 metros o un do

outro, aínda que a conexión pode sufrir interferencias

debido a obstáculos como paredes ou a outros

dispositivos electrónicos.
O dispositivo é compatible coa especificación Bluetooth

2.0 + EDR que admite os seguintes perfís: distribución de

son avanzada, control remoto de son e vídeo, tratamento

básico de imaxes, impresión básica, conexión á rede por

liña conmutada, transferencia de ficheiros, acceso

xenérico, mans libres, auriculares, dispositivo de interface

humana, envío de obxectos, acceso ao caderno de

teléfonos, acceso á SIM, porto de serie . Para asegurar a

interoperabilidade con outros dispositivos que dispoñan

de tecnoloxía Bluetooth, utilice accesorios Nokia

59

Con