Crear un punto de acceso novo
Seleccione
Menú
>
Pan. control
>
Axustes
e
Conexión
>
Destinos
.
É posible recibir os axustes do punto de acceso nunha
mensaxe dun fornecedor de servizos. Algúns ou tódolos
puntos de acceso poden preestablecerse para o
dispositivo polo seu fornecedor de servizos e pode que
non sexa posible cambialos, crealos, editalos ou
eliminalos.
Cando selecciona un dos grupos de puntos de acceso ( ,
, , , ), pode ver os tipos de puntos de acceso:
indica un punto de acceso protexido
indica un punto de acceso de paquete de datos
indica un punto de acceso LAN sen fíos (WLAN)
Consello: Pode crear puntos de acceso á Internet
nunha WLAN co asistente de WLAN.
Para crear unha punto de acceso novo, seleccione
Punto de acceso
. O dispositivo solicita a comprobación
das conexións dispoñibles. Despois da busca as conexións
que xa están dispoñibles amósanse e poden ser
compartidas por un punto de acceso novo. Se ignora este
paso, solicitaráselle que seleccione un método de
conexión e que defina os axustes necesarios.
Para editar os axustes dun punto de acceso, seleccione un
dos grupos de puntos de acceso, desprácese ata un punto
de acceso e seleccione
Opcións
>
Editar
. Utilice as
instrucións proporcionadas polo fornecedor de servizos
para editar os puntos seguintes:
•
Nome da conexión
— Permite inserir un nome para
a conexión.
•
Portador de datos
— Seleccione o tipo de conexión
de datos.
Dependendo da conexión de datos que seleccione, só
estarán dispoñibles determinados campos de axustes.
Encha todos os campos marcados con
Cómpre definir
ou
cun símbolo * vermello. É posible deixar en branco outros
campos, excepto se o fornecedor de servizos indica o
contrario.
Para utilizar unha conexión de datos, cómpre que o
fornecedor de servizos admita esta función e, se é
necesario, a active para a súa tarxeta SIM.