Crear grupos de punto de acceso
Seleccione
Menú
>
Pan. control
>
Axustes
e
Conexión
>
Destinos
.
Algunhas aplicacións permítenlle utilizar grupos de punto
de acceso para a conexión a unha rede.
Para evitar seleccionar que punto de acceso utilizar cada
vez que o dispositivo tente conectarse a unha rede, pode
crear un grupo que conteña varios puntos de acceso e
definir a orde na que se utilizan os puntos de acceso para
conectarse a unha rede.
130
Axust
es
Por exemplo, pode engadir unha rede LAN sen fíos (WLAN)
e puntos de acceso de paquetes de datos a un grupo de
puntos de acceso á Internet e usar o grupo para navegar
pola web. Se lle outorga a prioridade máis alta ao punto
de acceso á rede WLAN, o dispositivo conectarase á
Internet por medio dunha WLAN se estivese dispoñible, e
por medio dunha conexión de paquetes de datos se non
estivese.
Para crear un punto de acceso novo, seleccione
Opcións
>
Administrar
>
Novo destino
.
Para engadir puntos de acceso a un grupo de puntos de
acceso, seleccione o grupo e
Opcións
>
Novo punto de
acceso
. Para copiar un punto de acceso existente doutro
grupo, seleccione o grupo, desprácese ata un punto de
acceso existente e seleccione
Opcións
>
Organizar
>
Copiar noutro destino
.
Para cambiar a orde de prioridade dos puntos de acceso
dentro dun grupo, desprácese a un punto de acceso e
seleccione
Opcións
>
Organizar
>
Cambiar
prioridade
.