Axustes de seguridade WEP
Seleccione
WEP
como o modo de seguridade WLAN.
O método de cifrado de privacidade equivalente por cables
(WEP) cifra os datos antes de transmitilos. O acceso á rede
denégase a usuarios que non teñen as claves WEP
requiridas. Cando o modo de seguridade WEP está en uso
e o seu dispositivo recibe un paquete de datos non cifrado
coas claves WEP, os datos descártanse.
Nunha rede ad hoc cómpre que todos os dispositivos
utilicen a mesma clave WEP.
Seleccione
Axustes seguridade WLAN
e escolla entre as
seguintes:
•
Clave WEP en uso
— Seleccione a clave WEP desexada.
•
Tipo de autentificación
— Seleccione
Abrir
ou
Compartido
.
•